Sistema de notificacións electrónicas de Galicia Notifica.gal

Servizo que permite a cidadáns, empresas e administracións públicas recibir, de forma áxil e sinxela, as notificacións electrónicas enviadas pola Xunta de Galicia ou por calquera outra administración pública galega.

Información adicional | Interrupcións do servizo

Entre as 07:00 e as 08:00 horas do día 04/12/2024, debido a tarefas de mantemento, non estará operativo o Sistema de Notificacións de Galicia.
Como pode acceder?
Chave365
Con Chave365 co seu NIF e clave persoal.

Se non dispón de Chave365 pode facerse con ela por dúas vías:

Se necesita máis información pode ver aquí como funciona.

DNIe Certificado
Con certificado dixital válido ou DNI electrónico.

Acceso con certificado dixital válido ou DNI electrónico. Pode combrobar a validez do seu certificado en VALIDe. Consultar os certificados admitidos.

Unión Europea Clave
Con cl@ve Pin e Cl@ve Permanente.

Para usar o sistema deberá rexistrarse. Pode obter máis información sobre este proceso no apartado de rexistro.

Ao rexistrarse, proporcionaranse dous tipos de claves de acceso:

  • Cl@ve PIN: orientada a accesos esporádicos, con contrasinal de validez moi limitada no tempo.

  • Cl@ve Permanente: orientada a accesos habituais, e ao uso da sinatura na nube, con contrasinal de validez duradeira no tempo, pero non ilimitada.

Se dispón da app Cl@ve, poderá tamén facer uso da opción Cl@ve Móbil, que lle permite identificarse sen claves nin contrasinais, escaneando un QR ou confirmando a petición que lle chegará ao móbil.

Necesita axuda?

Pode contactar co servizo de atención á cidadanía 012.
Se ten problemas técnicos recomendámoslle comprobar os requisitos de uso e, se os problemas persisten, utilizar o soporte técnico de eServizos.

Preguntas frecuentes
O sistema de notificacións electrónicas de Galicia Notifica.gal é o servizo que permite a cidadáns, empresas e administracións públicas recibir, de forma áxil e sinxela, as notificacións electrónicas enviadas pola Xunta de Galicia ou por calquera outra administración pública galega adherida a este sistema. Este portal vaille permitir:
  • Acceder ás notificacións enviadas pola Xunta de Galicia ou por calquera das administracións públicas galegas adheridas a Notifica.gal.
  • Modificar o medio de notificación (postal ou electrónico) elixido para cada organismo.
  • Autorizar a outra persoa a acceder no seu nome ás notificacións.
  • Actualizar os seus datos persoais (correo electrónico e teléfono móbil), que son os que utiliza a plataforma para enviarlle avisos e recordatorios.
  • Darse de baixa (no caso de que non pertenza a un dos colectivos obrigados a recibir notificacións electrónicas).
Pode darse de alta en Notifica.gal a través do formulario que se mostra cando se accede ao sistema por primeira vez. No caso de que reciba unha notificación electrónica sen que se dera previamente de alta no sistema, a súa alta realizarase de oficio pola Administración emisora da mesma. O teléfono móbil e/ou os enderezos electrónicos indicados na alta serán utilizados con carácter xeral, salvo que se indique outra preferencia no formulario de solicitude, para o envío de avisos da posta a disposición de novas notificacións, así como os recordatorios de lectura de ditas notificacións.
Segundo o artigo 14.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas e 10 da Lei 4/2019 de administración dixital de Galicia, os colectivos que están obrigados a relacionarse a través de medios electrónicos coas administracións públicas e, polo tanto, a recibir notificacións por canles electrónicas son:
  • As persoas xurídicas.
  • As entidades sen personalidade xurídica.
  • Quen exerza unha actividade profesional para a cal se requira colexiación obrigatoria, para os trámites e actuacións que realicen coas administracións públicas no exercicio da devandita actividade profesional. En todo caso, dentro deste colectivo entenderanse incluídos/as os/as notarios/as e rexistradores/as da propiedade e mercantís.
  • Persoal empregado das administracións públicas para os trámites e actuacións que realicen con elas por razón da súa condición de empregado/a público/a, na forma en que o determine regulamentariamente cada Administración.
  • Traballadores e traballadoras autónomos/as para os trámites e as actuacións que realicen no exercicio da súa actividade profesional.
  • Estudantado universitario para os trámites e as actuacións que realicen motivados pola súa condición académica.
  • Quen represente a unha persoa interesada que estea obrigada a relacionarse electronicamente coa Administración.
Ademais, "regulamentariamente, as administracións poderán establecer a obriga de relacionarse con elas a través de medios electrónicos para determinados procedementos e para certos colectivos de persoas físicas respecto das cales, por razón da súa capacidade económica, técnica, dedicación profesional ou outros motivos, quede acreditado que teñen acceso e dispoñibilidade dos medios electrónicos necesarios".
Os avisos por SMS e correo electrónico envíanse no momento da posta a disposición da notificación. No caso de que a notificación se poña a disposición entre as 22:00h e as 08:00h, os avisos quedan pendentes para enviar a partir das 08:00h da mañá. Adicionalmente, no caso das notificacións electrónicas, enviarase un recordatorio transcorrido 1, 8 ou 9 días desde a posta a disposición se ningunha das persoas destinatarias le ou rexeita antes a notificación.