Interrogación

Sistema de Notificacións de Galicia

Información do Sistema de Notificacións de Galicia - Notifica.gal



A Xunta de Galicia pon a súa disposición Notifica.gal, Sistema de Notificacións de Galicia.


A través de Notifica.gal poderá recibir notificacións das Administracións Públicas Galegas adheridas ao sistema.


A práctica da notificación realizarase segundo o disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, e no resto de normativa aplicable.


Pode solicitar que se lle practiquen notificacións por medios electrónicos nos formularios de iniciación dos procedementos ou a través de Notifica.gal en calquera momento posterior.


Cando un organismo lle remita unha notificación a través de Notifica.gal enviaráselle un aviso ó teléfono móbil e á dirección de correo electrónico indicados no momento da alta no sistema. Estos datos poden ser modificados posteriormente.



Requisitos e utilización



Para acceder as súas notificacións debe utilizar un certificado electrónico reconocido. Pode consultar os certificados admitidos no seguinte enlace: Relación completa de certificados e proveedores de Servizos de certificación aceptados pola plataforma @firma.


Ademais, o seu equipo debe estar adaptado aos seguintes requirimentos técnicos:


  • Utilizar algún destes sistemas operativos:
    • Microsoft Windows 7 ou superior

    • Mac OS X

  • Conexión a Internet e un navegador web compatible
    • Internet Explorer 11

    • Firefox

    • Google Chrome

    • Safari

  • Ter instalado o visor Acrobat Reader (versión 8.0 ou superior) para poder visualizar correctamente os documentos adxuntos ás notificacións en formato PDF.

  • Ter instalada a ferramenta AutoFirma para garantir o correcto funcionamento dos compoñentes da sinatura electrónica e poder acceder así as súas notificacións. Pode descargar aquí AutoFirma e consultar o manual de instalación



xunta de galicia
Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Información de contacto :
012@xunta.es
Galicia : 012 |  Fóra de Galicia : 981 900 643